Catálogo
Recursos documentais
Recursos materiais
Entidades
Ficha completa
Ficha didáctica
Centros ensino
Concellos e comarcas

 

Rúa Catasol, 36
15800 Melide
agxpt@agxpt.gal

 

 

APRENDENDO A ANDAR

 

NOME/TIPO

OS CARRIÑOS DE NABO
DESCRICIÓN

Simbolizamos con este nome, non só especificamente os carriños de nabo (ou remolacha) que noutros tempos o adulto lle construía ao neno/a baixo a atenta mirada (e participación nos momentos en que esta era posible) deste, senón a todo tipo de enredos autoconstruídos que posibilitan o movemento e, en definitiva o adestramento sensomotor do neno/a. No caso que nos ocupa, o adulto (non exento de certa habelencia) sérvese dunha cachola de nabo ou de remolacha para construír un auténtico carriño do que o neno/a (evidentemente, con xeito, dada a súa febleza) poderá tirar, cargando e descargando as mercadorías que estime oportunas. Nos tempos que nos tocou vivir, co carro desterrado das faenas agrícolas, un coche e mesmo un tractor poden cumprir a mesma función sempre que a habelencia do “construtor” o permita.

REGRAS  
OBXECTO DO XOGO Construír o carro, nun primeiro momento. Despois, convertelo nun auténtico vehículo no que se transportan mercadorías.
OBSERVACIÓNS  

Volta ao catálogo