APROPIÁNDONOS
DO MUNDO CON MÁIS ANOS
NOME/TIPO |
A LOITA DE GALOS |
DESCRICIÓN |
Trátase dun xogo de corda,
co que simbolizamos as moitas modalidades de salto de corda existentes,
propio de idades máis avanzadas da nenez. Os xogadores/as
divídense en dous bandos, situándose cada un a un
extremo da corda. En cada lance entra a brincar un xogador/a de
cada bando, finxindo entre ambos unha loita de galos: empúrranse,
pasan dun a outro lado..., ata que un deles perde. O vencedor/a
agarda a que entre outro adversario. Gaña o bando que máis
vitorias consiga.
|
REGRAS |
O vencedor/a pode retirarse tamén,
se así foi acordado, unha vez que consiga a vitoria. |
OBXECTO DO XOGO |
Facer fallar ao contrario/a. |
OBSERVACIÓNS |
|
Volta ao catálogo |