Catálogo
Recursos documentais
Recursos materiais
Entidades
Ficha completa
Ficha didáctica
Centros ensino
Concellos e comarcas

 

Rúa Catasol, 36
15800 Melide
agxpt@agxpt.gal

 

 

 

Aprendendo a escoitar e dialogar

NOME/TIPO

OS NOMES DE PERSOA
DESCRICIÓN

Trátase dun recitado máis. Nun primeiro momento, o xogo consiste simplemente na repetición, por parte do adulto, da cantiguiña. Nunha etapa posterior, previa memorización, o neno/a debe ser que de repetilo. Recitado:

Pepe repepe,
camisa rachada,
foi á Coruña
lamber a pescada.
Lambeu e lambeu
e nunca se encheu.
Pepe repepe,
camisa cagada,
foi ó regueiro
e tróuxoa mexada.

REGRAS O recitado permite a escenificación dos acontecementos que relata.
OBXECTO DO XOGO Chegado o momento, ser quen de repetir o recitado.
OBSERVACIÓNS Trátase dun exemplo do amplo elenco de recitados que teñen os nomes de persoa como protagonistas.

Volta ao catálogo