Catálogo
Recursos documentais
Recursos materiais
Entidades
Ficha completa
Ficha didáctica
Centros ensino
Concellos e comarcas

 

Rúa Catasol, 36
15800 Melide
agxpt@agxpt.gal

 

 

APROPIÁNDONOS DO MUNDO CON MÁIS ANOS

 

NOME/TIPO

O PUÑO PUÑETE
DESCRICIÓN

Os participantes colocan os puños pechados, alternativamente, uns enriba dos outros. Un xogador/a deixa unha man libre, coa que vai sinalando, mentres o diálogo ten lugar, cada un dos puños apiñados (quen contesta a cada pregunta é o respectivo dono de cada puño), empezando polo de máis abaixo. Cando o diálogo remata, todos os participantes comezan a facer como que devanasen meadas coas mans, e toda clase de parvadas que provoquen que algún dos outros participantes ría. O primeiro en rir recibe un castigo, que pode ser diferente de cada vez. Por outra parte, o diálogo máis longo ten lugar entre o director/a do xogo e o dono do puño situado máis arriba. Diálogo:

- ¿Que é este?
- Puño puñete.
- ¿E este?
- Puño puñete.
- ¿E este?
- Puño puñete.
- ...
- ¿E este? (derradeiro puño)
- Arquiña cerrada.
- ¿Que hai por dentro?
- Pan e formento.
- ¿Que hai por fóra?
- Pan e miola.
- ¿Que dixo o rei cando marchou?
- Que devanasemos sete meadas
   e o que primeiro rise que lle dean
   sete palmadas e um muxicón.
(Todos/as) - Enviolar, enviolar,
o que ría ha de pagar.

REGRAS En sucesivas partidas, os papeis altérnanse.
OBXECTO DO XOGO Facer rir ao contrario.
OBSERVACIÓNS Existen variantes do diálogo.

Volta ao catálogo