Catálogo
Recursos documentais
Recursos materiais
Entidades
Ficha completa
Ficha didáctica
Centros ensino
Concellos e comarcas

 

Rúa Catasol, 36
15800 Melide
agxpt@agxpt.gal

 

 

COÑECÉNDONOS NÓS MESMOS E O NOSO MEDIO

 

NOME/TIPO

RECITADOS CON ANIMAIS
DESCRICIÓN

Trátase, antes que dun xogo propiamente dito, dun recitado empregado cando o neno/a e o adulto atopan unha xoaniña, a collen e a observan antes de soltala de novo.

Recitado:

Voa, voa, xoaniña,
que che hei de dar pan e viño.
Voa, xoaniña, voa,
que che hei de dar pan e broa.

Variante 1:

Xoaniña, voa, voa,
que teu pai vai en Lisboa
a comer pan e cebola.

Variante 2:

Voa, xoaniña, voa,
que che hei de dar pan e filloa.

REGRAS  
OBXECTO DO XOGO Repetir o recitado.
OBSERVACIÓNS Os recitados con animais como protagonistas son innumerables no repertorio popular galego. O presente constitúe só un exemplo mínimo.

Volta ao catálogo