A AGXPT no IX Mercado de época “Furelos no 1900”

A AGXPT estará presente este próximo domingo, 20 de setembro, no emblemático lugar de Furelos, en pleno Camiño de Santiago, na festa que, anualmente, recrea a vida no lugar arredor do 1900.


Furelos queda apenas a 1 km de vila de Melide, e deixa entrever aínda a súa forma medieval, encabezada pola súa ponte. Trátase dun lugar importante no Camiño que, en tempos, rivalizou co propio Melide. Diso da fe incluso a frase feita “entre Melide e Furelos”… si, algo que os casteláns verbalizarían como “entre Pinto e Valdemoro”.


A actividade da AGXPT terá lugar a partir das 17.00 h.