A AGXPT no Pazo das Torres do Allo, en Zas

A AGXPT estivo este sábado, 8 de novembro, no magosto organizado polo Concello de Zas e pola Deputación da Coruña, coa mediación de Consultores Turísticos Galicia SLU, e Trivium – Estratexias en cultura e turismo.

Foi unha xornada ben agradable, no espazo emblemático do pazo máis antigo de Galicia, o dos Rioboo, felizmente rescatado para o ben común polo propio Concello e pola Deputación.

Agradecidos_as ás numerosas persoas asistentes e á organización. Mención especial para o alumnado de 4º ESO do IES Maximino Romero, traballando duramente para poder ir a Roma de viaxe de fin de etapa, e a Leo González, sempre atento ás nosas necesidades.