O Carballiño

No Espazo OZOCOgz (rúa Curros Enríquez, 29). Na presentación do libro "Patrimonio lúdico galego. Investigación, recursos e divulgación dos xogos tradicionais".

Arzúa

Nunha actividade na EFA Piñeiral dirixida aos Ciclos de FP relacionados coa educación.

Tui

No Espazo Cultural da rúa Camilo José Cela. Na presentación do libro "Patrimonio lúdico galego. Investigación, recursos e divulgación dos xogos tradicionais".

Melide

No CEIP núm. 1. Nunha xornada de convivencia programada polo centro.

Melide

No CEIP núm. 3 ("Pastor Barral"). Na festa de fin de curso.

O Camiño de Santiago

Dentro dun traballo de investigación promovido pola Universidade da Coruña sobre os xogos do Camiño. Un estudo de campo dirixido polo Museo O Recuncho das Argalladas, de Vilanova de Lourenzá.

Las Palmas de Gran Canaria

Na 25ª Asemblea Xeral da Asociación Europea de Xogos e Deportes Tradicionais, organizada polo Goberno de Canarias

Buño – Bergantiños

Na presentación do libro "Patrimonio lúdico galego: investigación, recursos e divulgación dos xogos tradicionais" e dos resultados preliminares do estudo sobre os xogos no Camiño de Santiago. Detalles pendentes de concreción.

Rois

Nunha actividade organizada pola Asociación Amipa (Asociación de nais e pais de persoas con discapacidade intelectual da Comarca do Sar). Centro Ocupacional na Reitoral de San Tomé de Sorribas – Horta. Horario: 19:00h a 21:00h

Melide

No XVIII Campionato de Tirapedras da Galiza Central, organizado pola AGXPT dentro do programa das festas de San Roque. A partir das 11.30 na Praza das Coles.

A Coruña

No CIFP Ánxel Casal (Monte Alto). Nunha xornada de formación dirixida ao alumnado dos ciclos, particularmente, de Sanidade e Servizos Socioculturais. No mes de setembro-outubro, en data sen concretar.

Sobreiro – Chandebrito – Nigrán

Nunha actividade organizada pola Asociación Veciñal e Cultural "Chandebrito 1807". No mes de setembro-outubro, en data sen concretar.