Catálogo
Recursos documentais
Recursos materiais
Entidades
Ficha completa
Ficha didáctica
Centros ensino
Concellos e comarcas

 

Rúa Catasol, 36
15800 Melide
agxpt@agxpt.gal

 

 

Aprendendo a escoitar e dialogar

NOME/TIPO

BURLAS E MENTIRAS
DESCRICIÓN

Trátase dun recitado que o adulto lle ofrece ao neno/a repetidamente ao longo do tempo. Na súa forma máis básica, o neno/a escoita, simplemente. A medida que a idade e o estadio evolutivo o permite, o neno/a debe ser quen de repetilo.
Recitado:

Xan Pirillán
dacabalo dun can;
o can era coxo,
tirouno nun pozo;
o pozo era frío,
tirouno nun río;
o río era branco,
tirouno nun campo;
o campo era roxo,
tirouno nun toxo;
o toxo picaba,
Xan Pirillán berraba
e o can escapaba.

REGRAS O recitado permite a escenificación dos acontecementos que relata.
OBXECTO DO XOGO Chegado o momento, ser quen de repetir o recitado.
OBSERVACIÓNS Este recitado é un exemplo dos xogos iniciáticos baseados en burlas e mentiras. Outros moitos ofrece o folclore infantil galego.

Volta ao catálogo