Catálogo
Recursos documentais
Recursos materiais
Entidades
Ficha completa
Ficha didáctica
Centros ensino
Concellos e comarcas

 

Rúa Catasol, 36
15800 Melide
agxpt@agxpt.gal

 

 

COÑECÉNDONOS NÓS MESMOS E O NOSO MEDIO

 

NOME/TIPO

CONTOS ACUMULATIVOS
DESCRICIÓN

Trátase dun conto acumulativo no que, progresivamente, se van engadindo novos elementos. Como tal conto acumulativo, admite novos elementos que se poden incluír sobre a marcha. As sucesivas repeticións ao longo do tempo permiten sucesivos graos de dificultade que van desde a simple escoita por parte do neno/a, á repetición dalgunhas palabras clave acompañando ao adulto (o nome dos animais, por exemplo) , ou á repetición íntegra de todo o relato, sen esquecer a inclusión de novos elementos. Recitado:

Xan do Outeiro ten un can
que lle chaman Capitán.
Tamén ten unha cadela
que lle chaman Micaela.
Tamén ten un boi
que lle chaman Turroi.
Tamén ten un gato
que lle chaman Escribano.
Tamén ten un galo
que lle chaman Santiago.
Tamén ten unha galiña
que lle chaman Mariquiña.
Tamén ten unha ovella
que lle chaman Cotorella.

REGRAS A realización do xogo permite acenos arremedando aos animais dos que se fala.
OBXECTO DO XOGO Escoita. Memorización. Repetición.
OBSERVACIÓNS Obsérvese que, en realidade, non se trata dun conto propiamente dito, pois carece de trama e de desenlace. Existen, por outra banda, infinidade de contos acumulativos na tradición popular.s

Volta ao catálogo