Catálogo
Recursos documentais
Recursos materiais
Entidades
Ficha completa
Ficha didáctica
Centros ensino
Concellos e comarcas

 

Rúa Catasol, 36
15800 Melide
agxpt@agxpt.gal

 

 

Aprendendo a escoitar e dialogar

NOME/TIPO

CONTOS DIALOGADOS
DESCRICIÓN

Trátase de simples recitados que o adulto lle dirixe ao neno/a. Cando o estadio evolutivo deste/a o permite, o xogo pode converterse nun diálogo entre adulto e neno/a. Cada un deles, alternándose, verbaliza, neste caso, unha estrofa. Recitado:

- Touporroutou,
que vou para Roma,
touporroutou,
por unha corredoira.
- Touporroutou,
¿que vas buscar?
- Touporroutou,
unha carga de sal.
- Touporroutou,
¿para que é o sal?
- Touporroutou,
para botarlles ás verzas.
- Touporroutou,
¿para que son as verzas?
- Touporroutou,
para darlles ás galiñas.
- Touporroutou,
¿para que son as galiñas?
- Touporroutou,
para poñer os ovos.
- Touporroutou,
¿para que son os ovos?
- Touporroutou,
para comelos todos

REGRAS O xogo pódese acompañar de acenos cos que se representen os elementos que van aparecendo no recitado. O recitado pódese continuar coa invención, sobre a marcha, de novas estrofas.
OBXECTO DO XOGO Na súa forma básica, simplemente a escoita (e a memorización). En idades máis avanzadas, repetición do recitado. Invención de novas estrofas.
OBSERVACIÓNS Existe unha gran cantidade de xogos dialogados similares.

Volta ao catálogo