Catálogo
Recursos documentais
Recursos materiais
Entidades
Ficha completa
Ficha didáctica
Centros ensino
Concellos e comarcas

 

Rúa Catasol, 36
15800 Melide
agxpt@agxpt.gal

 

 

APROPIÁNDONOS DO MUNDO CON MÁIS ANOS

 

NOME/TIPO

DECOTÍN, DECOTÁN
DESCRICIÓN

O neno/a, debruzado sobre a mesa, ou noutra postura semellante, pero en todo caso cos ollos tapados, escoita o recitado e trata de saber cántos dedos lle puxo o adulto no lombo. Se acerta co número de dedos, líbrase e pasará a apandar o adulto, intercambiando os papeis. Se non acerta, o xogo continúa coa segunda parte do recitado, sucesivamente. No caso da segunda variante do Recitado 2 que presentamos, ao non acertar, o neno/a recibe tantas palmadiñas no lombo como dedos tiña realmente tocándolle.

Recitado 1:

Decotín e decotán,
e das cordas cordabán,
e do can que salta a sebe,
churrica e bebe,
adivina burro
que tienes encima de tu culo.

Recitado 2:

Se ti ... (NÚM. DEDOS) dixeras
nunca pena non tiveras,
decotín e decotán,
e das cordas cordabán,
e do can que salta a sebe,
churrica e bebe,
adivina burro
que tienes encima de tu culo.

Variante (rec. 2):

Se dixeses... (NÚM. DEDOS)
nin gañabas
nin perdías
nin levabas
as palmadas
que tiñas
que levar.

REGRAS  
OBXECTO DO XOGO Adiviñar o número de dedos que están tocando o lombo.
OBSERVACIÓNS Existen diferentes variantes do mesmo xogo.

Volta ao catálogo