Catálogo
Recursos documentais
Recursos materiais
Entidades
Ficha completa
Ficha didáctica
Centros ensino
Concellos e comarcas

 

Rúa Catasol, 36
15800 Melide
agxpt@agxpt.gal

 

 

APROPIÁNDONOS DO MUNDO CON MÁIS ANOS

 

NOME/TIPO

O VEXO VEXO
DESCRICIÓN

Un xogador/a suxire algunha pista sobre un obxecto que está ao alcance da vista de todos os xogadores/as. Con preguntas que vaian concretando as pistas posteriores, un dos outros xogadores/as chega o momento en que descubre de qué obxecto se trataba. Recitado:

- Vexo, vexo...
- ¿Ti que ves?
- Vexo unha cousa que... (1ª pista;
p.e.: é de color...).
...
- (Pistas posteriores; p.e. ¿Empeza
pola letra...?, ou ¿serve para...?)

REGRAS Se o obxecto en cuestión é descuberto, o descubridor/a pasará a desempeñar o papel de director/a do xogo propoñendo un novo obxecto, e viceversa.
OBXECTO DO XOGO Adiviñar de qué obxecto se trata.
OBSERVACIÓNS Existen variantes da fórmula de comezo.

Volta ao catálogo