O Nadal, tempo de xogar. 112 xogos tradicionais galegos nunha App

Trátase dun proxecto desenvolvido polo Consello de Cultura Galega e polo Observatorio do Patrimonio Lúdico Galego que se inaugurou o 11 de novembro de 2021 e que acaba de rematar a súa segunda fase . A ferramenta, de acceso libre, está pensada para familias, educadores, cidadanía en xeral … e incluso para que os nenos e nenas poidan consultala libremente. O obxectivo: conseguir practicar un xogo só con (1) minuto de consulta. A aplicación para móbiles está dipoñible en App Store ou Google Play. Podes achegarte aos xogos, tamén, por medio desta web do Observatorio do Patrimonio Lúdico Galego . Ler máis.