Presentado o VII Curso de Formación sobre o Patrimonio Lúdico, continuación dos cursos organizados pola AGXPT ata o ano 2015

Este pasado 16 de abril foi presentado na Deputación de Lugo o VII Curso de Formación sobre o Patrimonio Lúdico, que é continuación da serie de cursos de formación desenvolvidos pola AGXPT ata o ano 2015.
Nesta ocasión, está programadas actividades do tipo de conferencias, mesas redondas, obradoiros… e, loxicamente, práctica de xogos. Como novidade, o Curso inclúe unha actividade de debate reservada particularmente a investigadores/as e divulgadores/as do xogo.
O evento organízase en Muimenta e en Vilanova de Lourenzá, baixo o paraugas, particularmente, da histórica asociación XOTRAMU de Muimenta, e do museo O Recuncho das Argalladas, de Lourenzá.
Pechará a programación Xosé Manuel Beiras, cunha conferencia sobre a figura de Francisco Fernández del Riego en relación co xogo tradicional.
Todos os detalles e a ligazón á matrícula poden atoparse en https://xogostradicionais.gal/ .