O día 11 de novembro, coincidindo coa festa da San Martiño, saíu do prelo a obra colectiva Patrimonio lúdico galego. Investigación, recursos e divulgación dos xogos tradicionais. Considerado xa un fito na historia da investigación do noso patrimonio lúdico, o libro foi escrito por un total de 42 especialistas, e está editado pola Universidade de Santiago e pola Secretaría Xeral da Lingua.
A AGXPT é responsable de tres dos capítulos dos que consta o libro, ademais de lle ter sido encargado tamén o prefacio que introduce a obra. Son un total de 37 estudos e experiencias (acceso ao índice) desde os máis variados campos, agrupados en catro bloques diferentes.
Os 300 exemplares que foron impresos poden adquirirse no sitio web do Servizo de Publicacións da Universidade de Santiago. A obra coñecerá a súa versión en aberto dentro dun tempo.
Informaremos puntualmente das presentacións do libro que se vaian sucedendo ao longo de todo o País.


