Reportaxe de “Sermos Galiza” sobre o patrimonio lúdico

O número 694 de Sermos Galiza (24 de xaneiro de 2026) inclúe unha reportaxe de Patricia Villarino sobre diferentes iniciativas que ten postas en marcha o Observatorio do Patrimonio Lúdico Galego, no que está integrada a AGXPT. Particularmente, recibe especial atención a aplicación “Xogos tradicionais”, desenvolvida en colaboración co Consello da Cultura Galega e que permite a calquera persoa buscar un xogo e poñelo en acción con non máis de un (1) minuto de consulta.
https://xogostradicionais.gal/
http://xogostradicionais.consellodacultura.gal/