Colectivos e asociacións
Planificación dunha xornada para promover os xogos tradicionais galegos
- IDADE DOS PARTICIPANTES: de 8 a 90 anos
- DURACIÓN APROX.: 2 h.
ESPAZO | MATERIAL NECESARIO | PERSOAL NECESARIO | |||
PARTE I GRAN GRUPO | Exposición teórica sobre o xogo popular (presentación motivadora) | Salón de Actos ou local semellante | Canón de vídeo e ordenador dotado do programa PowerPoint | 25 min. |
ARTE II PEQUENOS GRUPOS | XOGO | NÚM APROX. XOGADORES | MATERIAL NECESARIO | PERSOAL NECESARIO | DURACIÓN |
Grupo 1 | Aro | 10 | Espazo amplo | Animador/a | 70 min. |
Grupo 2 | Corda | 12 | Memoria dalgunha canción de corda da zona | Animador/a | 70 min. |
Grupo 3 | Mariola/ Truco | 6 | Deseño, no chan, dunha mariola da zona | Animador/a | 70 min. |
Grupo 4 | Pano | 21 | Espazo amplo para debuxar o campo | Animador/a | 70 min. |
Grupo 5 | Tres en raia/ Muíño Chapas / Bólas | 12 | Deseño dos catro xogos no chan (ou en papel ou nos bancos, agás as chapas e as bólas) | Animador/a | 70 min. |
Grupo 6 | Peón | 10 | Memoria dunha maneira de xogar ao trompo na zona | Animador/a | 70 min. |
Grupo 7 | Roma | 8 | Espazo con chan blando | Monitor/a | 70 min. |
Grupo 8 | Tiro á lata | 12 | Unha parede alta | Animador/a | 70 min. |
Grupo 9 | Petanca | 8 | Espazo amplo | Monitor/a | 70 min. |
Grupo 10 | Porca | 10 | Un espazo onde se poidan facer uns foxos formando un círculo, e un foxo central | Monitor/a | 70 min. |
Grupo 11 | Birlos en liña | 10 | Cancha de xogo debuxada no chan | Monitor/a | 70 min. |
Grupo 12 | Arrastrar a tartaruga | 10 | Espazo amplo | Animador/a | 70 min. |
Grupo 13 | Pescar a botella | Xogo libre | 70 min. | ||
Grupo 14 | Chave | Xogo libre | Espazo amplo | 70 min. | |
Grupo 15 | Ra | Xogo libre | Unha parede | 70 min. | |
Grupo 16 | Zancos | Xogo libre | Espazo amplo | 70 min. | |
Grupo 17 | Carrilanas | Xogo libre | Espazo amplo con chan cementado | 70 min. |
PARTE III GRUPOS MEDIOS | XOGO | NÚM APROX. XOGADORES | MATERIAL NECESARIO | PERSOAL NECESARIO | DURACIÓN |
Grupo 1 | A cadea | 20 – 25 | Unha praza (ou semellante), en todo caso un amplo espazo libre | 25 min. | |
Grupo 2 | O ovo | 20 – 25 | Espazo amplo | 25 min. | |
Grupo 3 | Tiro de corda | 20 – 30 | Espazo amplo | 25 min. |
OUTRAS POSIBLES ACTIVIDADES A DESENVOLVER
Xogos musicados
Obradoiro de construción de xoguetes
Aprendizaxe específica de xogos de persoas adultas
Campionato de tirapedras
Visionado de documentais sobre o patrimonio lúdico galego e universal:
- Na Parte II os participantes irán mudando cada certo tempo de xogo, de tal xeito que cada un deles practique a maior parte posible dos xogos presentes na sesión.
- A figura do “animador/a” pode ser desempeñada por calquera persoa. Antes do inicio da actividade haberá unha posta en común para que cadaquén coñeza o seu cometido. A finalidade é que todos os xogos comecen ao mesmo tempo.
- A figura do “monitor/a” será desempeñada por un membro da AGXPT por tratarse, nos casos onde se sinala, de deportes, algúns non carentes de risco.
- O feito de que os participantes estean divididos en grupos previamente e os deseños necesarios para algúns dos xogos realizados no chan, axudará a que o tempo sexa mellor aproveitado.
- Perséguese que nos días previos se motive a práctica dos xogos propostos (repárese en que é necesaria algunha mínima investigación de campo previa). A sesión conxunta de divulgación debe servir, así, para reforzar a concienciación sobre a necesidade de conservación/recuperación dos xogos.
- De existiren dificultades para poder dispoñer do canón e do ordenador (dotado do programa PowerPoint) agradécese que sexa comunicado para poder preparar a exposición con outros medios.
- De non existir un megáfono dispoñible, prégase tamén que se comunique.