XIX Día do Peón

Un ano máis, Brinquedia convida todos os centros educativos, asociacións, colectivos, administracións e persoas a título individual a facer bailar un peón o 11 de novembro. Chega así unha nova convocatoria do Día do Peón, a número XIX, que desde 2005 Brinquedia fai cadrar coa festividade do San Martiño.

Na presente edición, o acto central celebrarase no paseo do Espolón de Padrón. Contarase coa colaboración do propio concello e dos seus centros educativos. Será o día 11 de novembro ás 12 horas.

O manifesto foi redactado polo escritor e profesor Anxo Angueira (pódese descargar aquí).

No apartado recursos da web de Brinquedia pódense ver algúns materiais, dos que Brinquedia adianta aquí unha proposta colaborativa de actividades. A calquera persoa que participe no Día do Peón, Brinquedia agradécelle que despois cubra esta enquisa. Porque, Polo San Martiño, peóns ao camiño! Deixemos que os peóns invadan as nosas aldeas, vilas e cidades!

O CEP Campolongo de Pontevedra pon a disposición do público tamén este brincaletras do peón.