XVII CAMPIONATO DE TIRAPEDRAS DA GALIZA CENTRAL

Melide, 18 de agosto de 2025

Graciñas a todas as persoas que encheron a Praza das Coles para gozar cos xogos tradicionais e cunha competición clásica, o tirapedras. Por primeira vez pai e fillo (Gaiferos e Artai Parrado) foron, respectivamente, os gañadores de cada unha das categorías. Distinguimos por idades, pero non por xénero. Máis de 70 participantes. Graciñas tamén a Fernando Álvarez pola exposición de tirapedras construídos por el. Vémonos o ano que vén con máis gañas, se cabe. O importante é pasalo ben…