Catálogo
Recursos documentais
Recursos materiais
Entidades
Ficha completa
Ficha didáctica
Centros ensino
Concellos e comarcas

 

Rúa Catasol, 36
15800 Melide
agxpt@agxpt.gal

 

 

APROPIÁNDONOS DO MUNDO CON MÁIS ANOS

 

NOME/TIPO

AS ADIVIÑAS
DESCRICIÓN

Simbolizamos, como noutras ocasións, cun único exemplo o enorme catálogo de adiviñas que nos ofrece a cultura popular galega. Obvio é dicir que, no “xogo das adiviñas” un xogador/a proponlle ao outro/a un recitado suxestivo sobre un obxecto, un animal, unha cousa, unha parte do corpo..., sen nomealo expresamente. Trátase de que o segundo xogador/a acerte de qué se trata. A solución da adiviña que propoñemos é o galo. Recitado:

Barbouzán entrou por portas,
con trescentas follas postas,
trescentas follas e un ramo.
Non adiviñarás este ano
nin tampouco pró que vén,
agás que cho diga alguén.


REGRAS  
OBXECTO DO XOGO Adiviñar...
OBSERVACIÓNS Independentemente de que o número de adiviñas creadas pola sabedoría popular sexa ilimitado, as adiviñas tamén poden inventarse.xisten variantes da fórmula de comezo.

Volta ao catálogo