Catálogo
Recursos documentais
Recursos materiais
Entidades
Ficha completa
Ficha didáctica
Centros ensino
Concellos e comarcas

 

Rúa Catasol, 36
15800 Melide
agxpt@agxpt.gal

 

 

COÑECÉNDONOS NÓS MESMOS E O NOSO MEDIO

 

NOME/TIPO

XOGOS COS DEDOS
DESCRICIÓN

Trátase dun recitado no que se lles dá nome aos dedos das mans. O adulto vaille collendo ao neno/a cada un dos dedos, sucesivamente, mentres recita o verso correspondente. Igual que en xogos precedentes, a práctica debe facer que o neno/a sexa quen de repetir o recitado, nunha primeira fase só naquelas palabras clave, a aparición das cales será provocada polo adulto, e despois co recitado íntegro. Recitado:

Este é o dedo meniño,
este é o seu sobriño,
este é o pai de todos,
este é o fura-bolos,
e este o mata-pollos


REGRAS Ao final do recitado, é frecuente pegarlle un pequeno estirón de pelos ao neno/a.
OBXECTO DO XOGO Memorización. Repetición.
OBSERVACIÓNS Existe un bo número de variantes do recitado.

Volta ao catálogo