|
Rúa Catasol, 36
15800 Melide
agxpt@agxpt.gal
|
APRENDENDO A ANDAR
NOME/TIPO |
O ESCORREGADOIRO |
DESCRICIÓN |
O catálogo lúdico popular
ofrécenos os escorregadoiros naturais, pequenas costas que
posibilitan a oportunidade de se deslizar por elas. Estamos a falar
aínda das idades máis miúdas e, xa que logo,
non o contemplamos como xogo autónomo ou grupal, senón
como actividade que o adulto lle pode ofrecer ao neno/a, participando
con el na súa realización. Para que escorregar sexa
máis fácil, os nenos/as que poñen en práctica
este xogo soen sentar no pico da costa apoiándose nunha táboa
ou nunha lastra que faga máis doada a actividade e que salvagarde,
en palabras de Brandín, a cueira do pantalón.
|
REGRAS |
|
OBXECTO DO XOGO |
Escorregar costa abaixo. |
OBSERVACIÓNS |
En galego recibe tamén a denominación
de esvaradoiro. |
Volta ao catálogo |