Catálogo
Recursos documentais
Recursos materiais
Entidades
Ficha completa
Ficha didáctica
Centros ensino
Concellos e comarcas

 

Rúa Catasol, 36
15800 Melide
agxpt@agxpt.gal

 

 

 

COÑECÉNDONOS NÓS MESMOS E O NOSO MEDIO

 

NOME/TIPO

XOGOS DIALOGADOS
DESCRICIÓN

Trátase dun xogo dialogado que, na súa primeira fase, debe ser realizado integramente polo adulto. Como manifestamos noutros lugares, a medida en que o estadio evolutivo o permite, adulto e neno/a poden alternarse nas preguntas e nas respostas. Recitado:

- ¿Que hai naquel tellado?
- Un gato esfolado.
- ¿Que hai naquela artesa?
- Unha vella tesa.
- ¿Que hai naquela escaleira?
- Unha vella peideira.
- ¿Que hai naquela buratiña?
- Unha campaíña.
- ¿E como fai?
- ¡Tin, tilintín, tin, tilintín...!


REGRAS O xogo pode acompañarse, chegado o caso, de acenos que simbolicen os diferentes elementos que se van presentando, sobre todo a campá.
OBXECTO DO XOGO Memorización. Repetición.
OBSERVACIÓNS Existen outros moitos xogos dialogados no elenco lúdico popular.

Volta ao catálogo